Sinopse

Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica protagonizada por Maruxa e Coralia, dous personaxes de ficción que nacen das homónimas Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como “As Marías” de Santiago de Compostela, que saían cada día durante os anos 50 e 60 ás dúas en punto para dar o seu paseo pola cidade vestidas e maquilladas de xeito estrafalario, contrastando co gris da cidade.

Son moitas as persoas que día a día se fotografan coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais…. saben todos eles a crúa historia que hai detrás delas?

Voaxa e Carmín nace para lles dar voz a estas estatuas silenciadas.

10º premio Abrente de Textos Teatrais 2015 MIT Ribadavia

Ficha técnica Adulto / Teatro / 80 minutos

Autoría: Esther F. Carrodeguas
Dirección: Xavier Castiñeiras
Escenografía: Kukas
Audiovisuais: Roi Fenández (Sr. Pause)
Iluminación: Javier Quintana
Maquillaxe: Trini F. Silva
Vestiario: Mari Seoane
Elenco: Mabel Rivera e Belén Constenla


ButacaZero

ButacaZero é a plataforma creativa de catro artistas con diferentes perfís: Esther F. Carrodeguas (escritora, directora, xornalista, actriz), Xavier Castiñeira (director de teatro e docente), Ozkar Galán (dramaturgo) e Belén Xestal (música, presentadora, produtora e xestora cultural). Neste 2016 deciden estabilizar esta plataforma profesional que se presentará ao público na vindeira MIT de Ribadavia con Voaxa e Carmín (Premio Abrente para textos teatrais 2015).

Dende ButacaZero dialogamos co mundo creando un teatro asentado na dramaturxia, comprometido cos nosos tempos, baseado na investigación e aberto ás novas tecnoloxías.

Compromiso co aquí, co agora.


Contratación

Julio- eme2
981 534 134 / 609 457 575
distribucion@emedous.com

Descargas