Sinopse

E atravesou con forza a porta, levada polo vento da incertidume, aínda que tamén polos ventos da nostalxia, cheos de lembranzas desoutros lugares onde deixara caer toda a súa furia, sempre dun lado para outro, nómades do tempo e as emocións… así é A vida das tomentas.

Móvese esta obra entre as emocións, que ás veces poden ser moi intensas e teñen case sempre un carácter episódico e pasaxeiro, como adoitan telo a meirande parte dos feitos que incesantemente están configurando a nosa existencia.

Atoparemos diferentes universos que aparecen e desaparecen segundo as nosas emoción e que se abren a través de portas imaxinarias. Ao abrir cada unha das portas, unha emoción guiaranos a través delas, atravesando a tolemia e enfrontándonos aos retos que estas nos propoñen.

A vida das tormentas será unha obra teatral e performance na que o videoarte, a música experimental en

directo e mesmo as artes circenses darán a linguaxe principal.

Ficha técnica Maiores de 13 años / Teatro contemporaneo / 50 minutos

Dirección: colectivo t.O.x.O
Escenografía: colectivo t.O.x.O
Iluminación: colectivo t.O.x.O
Son: Moncho Varela e Roberto flesta
Vestiario: Atelier Efímero
Música: Moncho Varela e Roberto Flesta
Visuais: Alba Farto e Paula Fraile
Elenco: Alba Farto, Davinia Rico, Moncho Varela, Paula Fraile e Roberto Flesta


Colectivo t.O.x.O

Colectivo t.O.x.O nace en 2015 con Alba Farta (artista plástica e videocreadora) e Davinia Rico (artista

multidisciplinar), intentando unir varias disciplinas artísticas como o teatro, o circo, a videocreación e a

música en directo.

A súa primeira obra, Wahnsinn, estreouse a principios de 2015. A mediados dese mesmo ano inician unha

residencia artística e de investigación en NORMAL, espazo de intervención cultural da Universidad da Coruña,

onde se incorporan Paula Fraile (artista plástica e videocreadora), Moncho Varela e Roberto Casteleiro (músicos experimentais) co ánimo de darlle forma ao proxecto A vida das tormentas.

 


Contratación

Davinia Rico
691 073 401
toxo.colectivo@gmail.com

http://colectivotoxo.es/

Descargas