Sinopse

O titiriteiro chega á vila cunha gaiola cargada de soños. Acompáñao o poeta Manuel María transformado en monicreque. Manuel María quere que o titiriteiro represente os poemas que el escribiu para divertir aos nenos e nenas galegos. Para facelo, o titiriteiro pídelles aos integrantes do público que sopren forte para lle axudaren a facer nacer a Alicia, a nena protagonista desta historia. Alicia vivirá unha serie de fantásticas aventuras na súa viaxe por un mundo que lle resulta exótico, estraño, e mesmo incomprensible. No seu camiño atoparase con toda unha galería de personaxes marabillosos e sorprendentes que lle irán dando pistas sobre Galicia. A través de adiviñas misteriosas e versos poéticos, Alicia vai ter que descubrir qué é Galicia e onde está agochada…

Ficha técnica Infantil / Teatro de monicreques / 50 minutos

Autoría: Manuel María
Dirección: Roi Vidal
Adaptación: Roi Vidal
Escenografía: Borja Insua Lema
Manipulación: Borja Insua Lema
Vestiario: Antía Insua Lema
Elenco: Borja Insua Lema


Títeres Alakrán

Títeres Alakrán nace no ano 2003 a cargo do titiriteiro, actor e escultor Borja Insua. Constructor e manipulador de monicreques, Borja Insua desenvolve en Títeres Alakrán espectáculos propios que abranguen distintas técnicas (luva, barilla, sombras chinesas, fíos) e xéneros, tanto para nenos coma para adultos.

Os principais espectáculos da compañía son: Os soños na gaiola; Barrigaverde ataca de novo; Pequeko Kabaret de tolos, musical de marionetas de fío con máis de 200 actuacións en toda Galicia; Mr. Pancho e a última función; El retablillo de don Cristóbal, con marionetas de luva, en castelán; Os títeres da vía láctea, espectáculo ambulante cun carro de monicreques conducido por unha egua; O ferreiro e o diaño e Amor e crimes de Juan Pantera.


Contratación

Borja Insua Lema
616 450 490
borxainsua@gmail.com

www.titeresalakran.com

Descargas