Sinopse

Concibido para escolares e familiares, Invención percorre distintos momentos históricos para repasar as grandes invencións da humanidade. Grazas á inocencia dos actores, vanse descubrindo elementos físicos e sonoros pertencentes ao mobiliario escénico, converténdoos en innovadores instrumentos musicais que nacen froito da casualidade e da experimentación. Faise fincapé nunha clave que para Odaiko está en crise: o descubrimento polo método máis antigo e efectivo, a curiosidade e a aprendizaxe tanxible para que floreza a creatividade.

Ficha técnica Infantil e público familiar / Musical / 60 minutos

Autoría: Odaiko
Dirección: Juan Collazo
Escenografía: Juan Collazo
Iluminación: Pepe Varela
Son: Adrián Saavedra
Vestiario: Odaiko
Música: Odaiko
Elenco: Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso


Odaiko Krea

Odaiko é unha compañía que emprega a percusión como elemento de expresión. Nos máis de 10 anos de traxectoria foron 12 os espectáculos creados e representados e máis de 300 concertos ofrecidos por todo o mundo. Na actualidade, é a única compañía profesional deste estilo de España.

Forma parte, xa dende hai catro anos, das programacións escolares da Fundación Abanca e da Orquesta Sinfónica de Bilbao, coas que achega a máis de 15.000 alumnos por ano os seus espectáculos.


Contratación

Odaiko
606 002 108
odaikoinfo@gmail.com

www.odaiko.es

Descargas