Sinopse

Give it a spin é a nova proposta de Pisando Ovos para espazos non convencionais e rúa na que mú­sica e movemento, desde os seus estados máis puros, se encontran a través do diálogo entre un Dj e unha bailarina.

Unha conversa baseada no “darlle unha volta”, no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos se soportan e resisten baixo a forma dun abrazo continuo.

Para a ocasión contamos coa colaboración espe­cial do Dj cangués Jas Processor.

Ficha técnica Todos os públicos / Danza / 20 minutos

Autoría: Rut Balbís
Dirección:  Rut Balbís
Son: Jas Processor
Música: Jas Processor
Elenco:  Rut Balbís e Jas Processor
Produción, distribución, foto, vídeo e web: Manu Lago


Pisando ovos

Compañía de danza contemporánea des­de o 2004, residente do Teatro Ensalle de Vigo e dirixida por Rut Balbís.

A base do seu proxecto artístico é a bús­queda dunha linguaxe artística propia des­de o traballo co corpo e o movemento a través da creación escénica contem­poránea, reflectida no seu interese polo tra­tamento das imaxes e dos tempos lentos.

Son oito as creacións coas que conta a compañía e coas que participa de forma habitual nas redes de teatros autonómicas e nacionais, así como nalgúns dos festivais nacio­nais ou internacionais máis destacados do panorama actual das artes do mo­vemento.

Recibe o primeiro premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007 cun extracto da súa peza No Intre 1800.


Contratación

Manu Lago
607 186 224
pisandoovos@gmail.com

www.pisandoovos.com

Descargas