AGADIC Xunta de Galicia

Galicia Escena PRO (GEP) é o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e dun programa de actividades paralelas, esta iniciativa tómalle o pulso á actualidade do sector en Galicia. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral e dos programadores e demais axentes culturais.

Xunto coa súa faceta de exhibición, Galicia Escena PRO articúlase como punto de encontro profesional que busca estimular a dinámica comercial do sector, así como a proxección social da creación escénica. Con estes mesmos obxectivos como meta, celebra a súa quinta edición do 12 ao 15 de xuño de 2017.

Organiza
Axencia Galega das Industrias CulturaisCoordinación
María Paredes
Mónica Santos
Maite Neira

Coordinación técnica
Fran Veiga

Publicacións
Marcelina Calvo
Alberto Santamaría

Comunicación
Ana Rosales
Ana Miragaya

Colaboran
Concello de Santiago
Fundación SGAE
ABANCA