AGADIC Xunta de Galicia
Espectáculos 2018
Proxectos en formato pitching
  • Alma (non é hippie) Colectivo Verticalia (Cías. Duelirium & trasPediante)

    Alma (non é hippie) é o primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou, o que é o mesmo, das compañías Duelirium e trasPediante, co apoio de Pistacatro.

    Alma (non é hippie) investiga as diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias dende a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.

    O elenco está formado polas aerealistas e bailarinas Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas e Mertxe Solé, integrantes do colectivo, baixo a dirección de Rolando Sanmartín.

    Contacto

    Belém Esgrimido 627 778 351
    distribución@pistacatro.com
    belembrandido@gmail.com
    Web 1
    Web 2

  • Anatomía dunha serea Chévere

    Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia persoal, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo. Deste xeito convértese nunha historia global contada nunha voz soa.

    O tema central do espectáculo é a violencia obstétrica. A peza parte dese lugar para chegar a outros como a maternidade, a familia, o nacemento, a economía…; a vida en si.

    Contacto

    Iria Pinheiro
    633 340 988
    iriapisa@gmail.com
    Web

  • Arnoia Arnoia: o Circo da casa pequena Compañía Pistacatro

    Pistacatro prepárase, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), para o que será o seu novo proxecto Arnoia Arnoia: o Circo da casa pequena, un espectáculo de teatro-circo que dirixirá Quico Cadaval e que está baseado na peza Arnoia, Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario do autor.

    Non se trata aquí de facer un espectáculo de circo cunha leve desculpa argumental, senón unha peza teatral, de aventuras e prodixios, na que se usarán os recursos circenses para resolver os problemas escénicos e narrativos que nos inspire a idea motriz.

    Para Pistacatro, este novo proxecto supón unha aposta por hibridar teatro e circo, ampliando os horizontes dos artistas cos que colaboramos, e complementa as accións que a compañía vén desenvolvendo dende hai tempo cara a un encontro entre o circo e as distintas artes escénicas.

    Contacto

    Belém Brandido
    627 778 351 /  981 937 819
    distribución@pistacatro.com
    Web

  • Auga que non vas beber Fantoches Baj

    Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde destacan diversas cantigas populares como A saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada.

    A obra resultante foi gañadora do Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade para adultos, en 2009.

    Contacto

    Ángela Vila
    698 132 935
    distribucion@urdime.net
    Web

  • Cinco mulleres que comen tortilla Señora Supina

    Ano 1956, América. A Sociedade de Susan B. Anthony das Irmás de Gertrude Stein celebra o seu tradicional concurso anual de tortillas. Este idílico encontro, no que renderán culto a un dos produtos máis marabillosos do mundo, o ovo, vese truncado cando as mulleres teñen que enfrontarse á caída dunha bomba atómica na súa localidade. Son as últimas superviventes, e o medo trae confesións e historias do pasado que farán que cada vez se reafirmen máis na idea de que a tortilla é o máis importante que teñen nas súas vidas.

    Cinco mulleres que comen tortilla é unha comedia delirante e enxeñosa que transporta ao espectador á América dos anos 50 grazas ao humor e a unha coidada posta en escena. Un búnker decorado para a ocasión no que se integra o público dende que entra pola porta asignándolles un nome. Cada un dos espectadores é unha máis das viúvas convidadas ao concurso de tortillas no que descubrirán un gran segredo: son todas lesbianas.

    A liberdade, a relixión, o feminismo, o amor e o medo ao descoñecido son os motores desta exitosa comedia internacional.

    Contacto

    Javier Lojo
    695 430 892
    supina@senorasupina.com
    senorasupina@gmail.com
    Web
    Facebook
    Twitter
    Instagram
    Trailer

     

  • In Between Compañía Mikel Arístegui

    Espectáculo de danza contemporánea para tres bailaríns: Nuria Sotelo, Rosabel Huguet e Mikel Arístegui.

    Formúlase a cuestión da definición binaria do xénero no corpo do bailarín ou bailarina. Falar sobre a importancia que na actualidade define os roles do home e da muller na nosa sociedade, da necesidade de tratar un xénero sen favoritismos para poder empezar un diálogo sobre a igualdade, poder tratar o ser humano como tal e non como unha definición do seu xénero.

    A abstracción da danza contemporánea e o traballo da calidade de movemento ábrennos máis a perspectiva para crear esta coreografía. Sen dúbida, será unha viaxe a outro mundo, máis alá dos conceptos de home ou muller.

    A peza terá unha parte de participación do público. E cun formato de rúa de 15 minutos de duración.

    Contacto

    Mikel Arístegui
    692 467 841
    mikel@mikelaristegui.com
    Web

  • Insubmisión Teatro del Andamio

    Insubmisión fala da violencia que se xera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflito: a intimidade da parella.

    O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explicitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente… A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario. A segunda é que Insubmisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, presentando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída. É posible facer as maletas é pechar a porta.

    Contacto

    Gema Ulloa
    617 266 375
    teatrodelandamio@gmail.com
    Web

  • Involución - Alfredo Muíño Involución - Alfredo Muíño

    De onde vimos? A onde imos? Por que estamos aquí? Como a terra, un seixo tan insignificante na inmensidade do Universo, se converteu nun planeta cambiante, creando no seu seo un fenómeno único, a diversidade da vida?

    O circo, a danza e o teatro serán o lenzo para debuxar a historia da humanidade sobre o noso planeta, a sua violenta infancia no espazo, unha madurez viva e relativamente equilibrada, o seu porvir incerto. Tres actos dunha aventura axitada que podería transformarse en traxedia a menos que aprendamos a facernos cargo do seu destino.

    Contacto

    Ángela Vila
    698 132 935
    distribucion@urdime.net
    Web

  • Liberto - Marelas Liberto - Marelas

    Liberto é un espectáculo teatral con música en directo con María Vázquez, Lucía Aldao e Tamara Canosa. Mestura de realidade e ficción, xoga coa primeira persoa para interpelar directamente ao público e contar a historia de Ada, unha muller que dende unha sala de espera verá como a súa vida dá varios xiros copernicanos.

    Dende a vitalidade e a reivindicación da imperfección, o texto da autora catalana Gemma Brió navega entre o dramático e o cómico para nos preguntar de que falamos cando falamos de vivir.

    Contacto

    Tamara Canosa
    627 310 083
    marelasteatro@gmail.com
    Web
    Trailer

  • Sofía e as postsocráticas Inversa Teatro

    Sofía e as postsocráticas é un espectáculo que versa sobre a violencia machista. Partimos dos pensadores presocráticos, que son aqueles que se dedicaron a establecer un logos fronte a un mitos. Cando falamos do logos, falamos polo tanto dun cálculo verbal do mundo. Cada vez que falamos estamos calculando o mundo. Cando Sócrates se pregunta pola virtude, pregúntase se un home é máis ou menos virtuoso.

    As nosas postsocráticas: Sócrates, Platón e Aristóteles intentarán establecer un novo logos, é dicir, calcular que é e que non é violencia machista. Empregaremos en escena a técnica da pantasma de Pepper, quen, usando a reflexión da luz, crea ilusións ópticas e visuais así como holografías.

    Contacto

    Marta Pérez
    690 084 625
    inversa@inversateatro.com
    www.inversateatro.com
    Facebook
    Vimeo

     

Galerías de imaxes Descarga de materiais GEP
Programa de man PDF, 7.237 KB Programa de man
Cadro de programación PDF, 450 KB Cadro de programación
Cartaz JPG, 587 KB Folleto del festival
Descarga de materiais complementarios das compañías