Sinopse

Dúas bailarinas e dous cables de funanbulismo, dirixidas por un pallaso.

Up2Down é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o Funanbulismo, unha técnica que lles permite crear un universo singular.

As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dous personaxes definidos polo seu estatus antagónico: o alto e o baixo; a funambulista (etérea e ideal) e a pallasa (terreal e mundana). Xunto a elas, o espectador realizará unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata acadar un punto de encontro: o equilibrio.

Espectáculo formulado para representarse tanto en teatros e salas como tamén en diferentes espazos ó aire libre. A compañía afronta este proxecto nestas dúas vertentes.

Ficha técnica Público familiar / Danza-circo / 55 minutos

Autoría: Cía. Traspediante
Dirección: creación colectiva dirixida por Arturo Cobas e asistencia de dirección de Natalia Outeiro e Kirenia C. Martínez
Escenografía: Cía. Traspediante
Iluminación: Javier Quintana
Vestiario: Fany Bello
Música: María Mendoza
Elenco: Marta Alonso & Paula Quintas
Apoio na produción de Pistacatro Produtora de Soños


Traspediante

Traspediante, dirixida por Marta Alonso e Begoña Cuquejo, é unha compañía xeradora de proxectos culturais relacionados coa danza que ten como obxectivo traballar en diferentes ámbitos: creación e produción de diferentes pezas de danza, direción, creación e xestión de “Corpo A Terra”, creación e docencia de proxectos pedagóxicos relacionados coa danza, colaboración con outros colectivos e realización de traballos ou encargos para organismos culturais ou outro tipo de entidades

 


Contratación

Pistacatro Produtora de Soños – Belém Brandido
627 778 351 / 981 937 819
distribucion@pistacatro.com

www.traspediante.com

Descargas