Sinopse

Solitudes é unha obra de teatro de máscaras que, a través do humor, afonda na soidade e a incomunicación dos membros dunha familia.

O protagonista de Solitudes tan só anceia cousas sinxelas. Cousas tan simples que os demais non chegan a valorar a súa verdadeira importancia. O extraordinario desta historia é que o ancián –contra o que podería esperarse dalguén cunha vida xa case sen alicientes– non se resigna, non renuncia aos seus pequenos desexos e pelexa por eles con determinación e dignidade. Isto, claro, terá as súas consecuencias para el mesmo e para os que o arrodean.

Unha viaxe por universos cotiáns que, combinando a gravidade co sorriso, conmove, sorprende e invita á reflexión.

Ficha técnica Adulto / Teatro de máscaras / Duración: 85 minutos

Dirección: Iñaki Rikarte
Dramaturxia: Garbiñe Insausti, José Dault, Iñaki Rikarte, Rolando San Martín e Edu Cárcamo
Música orixinal: Luis Miguel Cobos
Deseño de escenografía e vestiario: Ikerne Giménez
Deseño de iluminación: Carlos Samaniego “Sama”
Máscaras: Garbiñe Insausti
Produción: Kulunka Teatro
Distribución: Proversus
Axudante de dirección: Rolando San Martín
Elenco: Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo
Coprodución Kulunka teatro co Departamento de Cultura do Goberno Vasco, Teatro Victoria Eugenia e Scene Nacional de Bayonne.


Kulunka Teatro

Kulunka Teatro créase en 2010, en Euskadi, por Garbiñe Insausti e José Dault, xoves pero experimentados artistas de extensa traxectoria teatral. Nace coa inquietude dos seus integrantes por experimentar con diferentes linguaxes escénicas, pero sen esquecer a idea de facer un teatro accesible para o público. Un teatro vital, actual, comprometido e conectado coa realidade. O seu intento é crear espectáculos sen fronteiras, e a súa vontade, descubrir unha linguaxe que transcenda a palabra. Unha linguaxe capaz de emocionar e divertir. Para iso apóianse fundamentalmente nun teatro de xesto, no que a máscara actúa como ponte cara a unha poética visual admirable. Elas abren as portas do imaxinario cara a un mundo no que todo é posible.

Andre y Dorine e Taxidermia de un gorrión son outros dos seus espectáculos.


Contratación

Isis Abellán –Proversus
91 506 43 44 / 606 608 168
isisabellan@proversus.com

www.proversus.com, www.kulunkateatro.com

Descargas