Sinopse

A raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela -a medida que comían- queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, cinco personaxes que conforman un complexo mosaico humano. O seu encontro provoca un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles pero que han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.

Raclette gañou o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014 e o Premio Fervenzas literarias ao Mellor libro de teatro 2015

Ficha técnica Adulto, maiores de 15 anos / Teatro / 75 minutos

Texto e dirección: Santiago Cortegoso
Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo
Iluminación: Salvador del Río
Vestiario: Marián Bañobre
Maquillaxe e peiteado: Trini F. Silva
Son: Quito
Vídeo: José V. Estonllo
Cobertura Técnica: Ningures Produción, S.L.
Axudante de dirección: Rubén Pérez
Produción e distribución: Ibuprofeno Teatro
Elenco: Toni Salgado, Deborah Vukusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río


Ibuprofeno Teatro

Ibuprofeno teatro está formada por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre. Leva producidos catro espectáculos en 5 anos: A filla de Woody Allen (2010), Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios (2012), FITNESS (2013) e O Furancho (2015).

Raclette inaugura unha nova xeira da compañía, na que asume producións dun formato superior, con elencos máis numerosos, continuando a liña da creación propia, na procura dunha linguaxe persoal e recoñecible para falar dos temas claves que lle afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social complexo que non conseguen controlar, o que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.


Contratación

Santiago Cortegoso
696 730 037
ibuprofenoteatro@hotmail.es

www.ibuprofenoteatro.blogspot.com

Descargas