Sinopse

Oskara supón o encontro entre Kukai Dantza e Marcos Morau / La Veronal.

É a unión de dous universos coreográficos e dúas olladas cara á danza que navegan entre a raíz máis popular e a expresión máis vangardista, ofrecendo un novo universo escénico.

Oskara é un traballo instalativo que percorre algunhas pasaxes da cultura vasca, mitos, dende a súa orixe ata a época contemporánea e debuxa un percorrido plástico e emocional de símbolos e iconografía de forza ambigua e desconcertante que, da maneira máis absoluta, contén a historia da experiencia humana.

O código dramático apunta cara a un espectáculo artellado por unha linguaxe de abstracción acentuada, case violenta, onde só a orde nas composicións pode achegar certa lóxica sensorial.

Ficha técnica Todos os públicos, a partir de 12 años / Danza / 60 minutos

Director: Jon Maya Sein
Idea e dirección de escena: Marcos Morau
Asistente de coreografía: Lorena Nogal e Marina Rodríguez
Dramaturxia: Pablo Gisbert
Bailaríns: Alain Maya, Eneko Gil, Ibon Huarte, Martxel Rodríguez e Urko Mitxelena
Cantante en directo: Erramun Martikorena
Diseño de vestiario: Iraia Oiartzabal
Creación musical: Xabier Erkizia e Pablo Gisbert


Kukai Dantza

Kukai Dantza nace en 2001 a iniciativa do bailarín e coreógrafo Jon Maya. Desenvolve o seu traballo a partir da danza tradicional vasca, propoñendo encontros con outros estilos de danza e formas de entender a arte. Kukai crea espectáculos contemporáneos a partir da danza tradicional vasca, realizando creacións propias e colaboracións con prestixiosos coreógrafos, o que lle leva proporcionado unha etiqueta inconfundible, sendo cada vez máis frecuentes as súas aparicións en festivais e programacións.

Entre os seus traballos, son moi recoñecidos os espectáculos creados xunto a Tanttaka Teatroa e as colaboracións realizadas con diversos coreógrafos: Cesc Gelabert, Israel Galvan, Jone San Martín (The Forsythe Ballet), La Intrusa Danza…

Entre os premios, destacan o MAX ao espectáculo revelación en 2009 e os dous  MAX 2015 recibidos por Gelajauziak: mejor composición musical (Sabin Bikendi) e mejor elenco.


Contratación

Doltza Oararteta
655 739 674
banaketa@kukai.eus

www.kukai.eus

Descargas