Sinopse

Jacques e o seu amo camiñan cara ao lugar máis próximo, como fai todo o mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo cóntanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo o mundo. Aproveitando que non hai mulleres, permítense dicir cousas das mulleres que non se atreverían a dicir se houbese mulleres diante.

Este paraíso masculino estrágase cando aparece a Pousadeira. Ela é tan falangueira como Jacques e conta contos, fala das cousas da vida e emite asombrosas opinións sobre as mulleres e os homes sen importarlle que a escoiten os homes.

Os artistas son catro, María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz, que se multiplican no cambio de personaxes, de puntos de vista, de posición no campo no frívolo xadrez imaxinado pola mente libertaria de Diderot.

 

Ficha técnica Adulto, a partir de 14 anos / Teatro / 90 minutos

Autoría: Denis Diderot
Dramaturxia e dirección: Quico Cadaval
Escenografía: Marcelino de Santiago “Kukas”
Iluminación: Octavio Mas
Son: Piti Sanz
Vestiario: Vaello
Música: Piti Sanz
Produción: Rubén G. Pedrero
Elenco: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas, Piti Sanz


Producións Teatráis Excéntricas

Producións Teatráis Excéntricas orienta os seus traballos ao territorio da comedia e da farsa, e nos delicados mecanismos do humor. Serve de plataforma para as creacións de Mofa&Befa como Cociña Económica ou Shakespeare para ignorantes. Tamén explora outras formas do humor máis sarcástico como en Obra, Un cranio furado e Da Vinci tiña razón!

Excéntricas foi convidada a distintos festivais como Almada, Monterrey, Ribadavia, Bogotá ou Almagro, festival que coproduciu Bobas & Galegas.

En 2017 adentrarase na farsa de A Cabeza do Dragón, de Valle-Inclán.


Fotografía: Natasha Lelenco

Contratación

Rubén G. Pedrero
618 752 105
ruben.excentricas@gmail.com

www.excentricas.net

Descargas