Sinopse

O poder de Amabel é un peza de teatro de monicreques e actores para público familiar inspirada na novela infantil de Érica Esmorís editada por Sushi books.

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia abraiante e incluso a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa actividade extraordinaria. Para descubrila embarcarase co seu amigo Braulio en aventuras moi peculiares.

Na adaptación teatral Amabel e Braulio, que non se ven dende a escola, reencóntranse casualmente 30 anos máis tarde en Tokio. Alí lembrarán o especial ano que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses aos que debemos voltar para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.

Ficha técnica Público familiar, a partir de 5 anos / Teatro / 45 minutos

Autoría: Érica Esmorís
Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez
Adaptación: Victoria Pérez
Escenografía: Jacobo Bugarín
Iluminación: Xosé Leis
Son: Manu Fernández
Vestiario: Pérez&Fernández e Xose Leis
Música: Xabier Romero e Mathew Ward
Elenco: Victoria Pérez e Manu Fernández


Pérez&Fernández

Victoria Pérez e Manu Fernández, actores con ampla experiencia no ámbito escénico e audiovisual, estrean no 2016 a compañía Pérez&Fernández.

Lewis Hyde, no seu libro The Gift: Creativity and the Artist in the Modern World, suxire que os humanos sempre entran en acción e toman decisións partindo de dous puntos posibles: o instinto de supervivencia e o impulso de regalar. Esta compañía nace do impulso instintivo de supervivencia, da necesidade de crear, de agasallar unha viaxe aos demais máis aló da súa experiencia cotiá.


Fotografía: Nelson Corsino

Contratación

Victoria Pérez / Manu Fernández
657 363 735/ 636 566 890
cia.perezyfernandez@gmail.com

www.perezyfernandez.com