Sinopse

O conto da Azuzaina é un espectáculo do que emerxe a certeza de que non existen as fórmulas para a normalidade, nin pautas fixas para marcar o compás da harmonía familiar. Un espectáculo no que Jose Carlos, Herminio e Fran experimentan a diversidade, sorprenden á tristeza con números de circo e crean melodías de superación.

O conto da Azuzaina é un espectáculo familiar que integra música en directo, malabares e manipulación de obxectos para tratar a temática da diversidade familiar dende una perspectiva lúdica e festiva partindo da seguinte pregunta: Que é una familia normal? A túa.

Na imprenta da Azuzaina chega un encargo urxente: o libro das familias. Os operarios terán que dar o mellor de si mesmos e usar as máis aloucadas e divertidas estratexias para completar o traballo a tempo.

Un marabilloso xoguete escénico sobre as familias para gozar en familia.

Ficha técnica Entre 7 e 11 anos (1º e 2º ciclo de primaria) / Teatro / 50 minutos

En escena: Herminio Campillo, Jose Carlos Illanes e Fran Núñez
Dramaturxia: Ana Carreira e Fran Núñez
Dirección: Fran Núñez
Dirección musical: Jose Carlos Illanes
Iluminación: Fran Núñez
Escenografía: Limiar – esteOeste
Vestiario: Limiar – esteOeste
Asesoría sicopedagóxica: Santiago Hernández Abad
Asesoría científica: Mateo Peña
Dirección de produción: Fran Núñez e Carlos M. Carbonell
Produción: Limiar teatro, esteOeste, Crémilo


Limiar teatro – esteOeste – Crémilo

Limiar, 2009, leva case 300 representacións en España, Francia, Portugal e Brasil. Os catro da Xunqueira, coprod. do CDG e MAO de Portugal co apoio europeo “Creativa”; Verbum Fahrenheit, coprod. co Verbum de Vigo; Don Quixote, unha comedia gastronómica e Pangeia, coprod. entre Galicia, Portugal e Brasil, son os seus traballos en teatro; tamén proxectos singulares como Mateo 16.18 en Medina de Rioseco ou Teresa en Medina del Campo.

esteOeste, 2008, creada por Jose Carlos Illanes e Herminio Campillo, formados na escola de teatro xestual de Lecoq de Mar Navarro e Andrés Hernández. Os seus espectáculos Especialistas del amor, Tecnopoetas do século XXII, Banqueiros sen pudor traballan a comedia a través da música, o circo, a manipulación de obxectos e o clown. Participaron tamén no programa de TV Sopa de Gansos Instant para Cuatro e FDF.

Crémilo, 2014, produtora e distribuidora, traballa con IlMaquinario, Chévere, Paula Quintana…


Contratación

Carlos Mtnez. Carbonell
678 460 559
cmcarbonell@cremilo.es

http://limiarteatro.com
http://www.cremilo.es

Descargas