Sinopse

Moby Dick é un espectáculo pensado para todos os públicos a partir de 6 anos, no que non pretendimos máis que albiscar a inmensidade desa obra mestra da literatura universal. Resultaría absurdo e mesmo ridiculamente pretensioso tratar de trasladar a totalidade desta novela ao escenario, mais nada nos impide propoñer un xogo no que a imaginación sexa o noso aliado para recrear, ante os ollos dos nosos xoves espectadores, mares, cachalotes, personaxes e aventuras presentes na obra, e materializar todo isto na mente do espectador grazas á utilización dos elementos escénicos, o ritmo, o humor, a música, o traballo dos actores e, sobre todo, as palabras de Melville.

Ismael embarca no Pequod, barco baleeiro ao mando do capitán Akab. Durante a súa viaxe goza dos praceres da vida no mar, fai amigos e aprende a recoñecer os distintos tipos de baleas. Mais o obsesivo desexo de vinganza do capitán Akab contra Moby Dick, a balea branca, conducirá ao Pequod e á tripulación á desgraza.

Ficha técnica Público familiar, a partir de 6 anos / Teatro / 60 minutos

Autoría: creación colectiva a partir dunha adaptación de Julio Salvatierra
Dirección: José Carlos García
Escenografía: Javi Tirado
Iluminación: Javi Ulla
Vestiario: Ikerne Jiménez
Música: Fran LasuenElenco: Aritza Rodríguez, José Cruz Gurrutxaga, Eriz Alberdi, Fran Lasuen e Unai Laso


Teatro Gorakada

A orixe de Teatro Gorakada remóntase a 1987.

A súa primeira montaxe, Tartalo eta Artzaina, foi un espectáculo de marionetas no que fixeron protagonista a un personaxe da mitoloxía vasca, pero disto xa pasaron 28 años; máis dun cuarto de século que lles deu para construír veinteseis espectáculos,cos que realizaron máis de 2.000 representacións nas que participaron preto de 1.000.000 de espectadores nas distintas programacións, campañas e festivais, tanto nacionais coma internacionais.

Na actualidade é unha das compañías referentes no teatro para nenos e nenas, recoñecida polos numerosos premios obtidos en feiras e festivais. Recibiu premios en FETEN 2003, 2005, 2011, 2013 e 2015, e este ano foi finalista nos Premios MAX 2016 co espectáculo Moby Dick.


Contratación

Julio- eme2
981 534 134 / 609 457 575
distribución@emedous.com

gorakada.com

Descargas