Sinopse

Manawee é un espectáculo de creación contemporánea sobre as emocións dese primeiro momento de cambio do que somos conscientes na vida e polo que, inevitablemente, todo o mundo pasa. Cativos e adultos emociónanse e divírtense, ao tempo que se decatan de que as experiencias que crían únicas son, en realidade, compartidas.

As artes de Manawee vante transportar a bordo dunha peza de teatro chea de humor e poesía, onde as preocupacións esenciais do final da infancia se debuxan con cores moi diferentes ás vistas ata o momento. Descubriránseche os misterios do teatro cos seus agochos, coa tremoia e as tripas do escenario á vista, de xeito que o espazo se vaia desvelando coma o teu propio interior, coma o interior de cada unha de nós.

 

Ficha técnica Todos os públicos, a partir de 8 anos / Teatro / 50 minutos

Autoría: Lorena Conde
Dirección: Uxía P. Vaello
Escenografía: Lorena Conde (Maraña)
Iluminación: Javier Quintana
Son: Javier Quintana
Vestiario: Uxía P. Vaello
Música: Mónica de Nut, Javi Bermejo e Vadim Yukhnevich
Elenco: Lorena Conde, Anabell Gago e Chelo do Rejo


Matrioshka Teatro

Matrioshka naceu como unha alianza creativa coa que Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo puidesen trazar as liñas fundamentais do teatro que elas mesmas desexaban ver como espectadoras. A idea comeza a tomar corpo cando lle propoñen a Marta Pazos a dirección do primeiro espectáculo de Matrioshka, C’est la vie, estreada en 2013. En 2015 lánzanse á segunda montaxe da compañía, Manawee, baixo a dirección de Uxía P. Vaello. Ambos os espectáculos foron recoñecidos con cadanseu premio María Casares.

Mais a grandísima baza das matrioshkas, aquela da que están máis orgullosas, é o logro de sumar a estas aventuras, arriscadas e necesarias, o entusiasmo doutras artistas talentosas e inquedas coas que dar á escena pezas que atrapen, sorprendan e emocionen ao público. E nesas andan…

 


Contratación

Anabell Gago e Chelo do Rejo
654 598 430 (Anabell) / 605 166 119 (Chelo)
matrioshkateatro@gmail.com

http://matrioshkateatro.wix.com/matrioshka
Facebook

Descargas