Sinopse

Gretel (personaxe extraída de Hansel e Gretel) e Bela (A Bela Adormecida) atópanse nun bosque e comezan, xuntas, unha viaxe iniciática cara ao crecemento persoal sen necesidade de príncipes nin palacios. Tras explorar e experimentar no tránsito do bosque á cidade -da nenez á madurez-, as dúas amigas pasarán por un transo que cambiará as súas vidas, poñendo en alza o valor da valentía e da amizade até chegar á autonomía, á liberdade e ao amor por elas mesmas. Un bruxo e un cego serán compañeiros de camiño, o ben e o mal mesturados coma estas dúas personaxes de conto.

Ficha técnica Público infantil y familiar a partir de 6 años / Teatro actoral, monicreques e manipulación de obxectos / 50 minutos

Elenco: Raquel Queizás (Gretel, Cego, Pita) e Chus Álvarez (Bela, Moucho)
Vestiario: Atelier Efímero
Deseño de iluminación: Daniel Piñeiro
Espazo escénico / Máscaras e monicreques:  Kukas Produccións Artísticas S.L.
Espazo sonoro:Composición musical e aranxos: David Díez e Simón Iglesias
Músicos: David Díez, Juan Romero e Bonham
Efectos sonoros: freesound.org
Voces en Off: Aldara Piñeiro (boneca), alumnas do Estudio de Teatro Casahamlet (nenas liberadas), Bonham (semáforo)
Gravación musical: Estudios Bonham
Fotografías: Fran Moledo e  Adrián González Méndez
Vídeo: Tingalaranga
Dirección: Raquel Queizás e Chus Álvarez
Texto: baseado no orixinal de Manuel Lourenzo Gretel e Bela
Agradecementos: ao Estudio de Teatro Casahamlet, en especial a Santiago Fernández


Teatro da Semente

Teatro da Semente nace en Coruña en 2012, froito da inquedanza de dúas actrices e contacontos, Chus Álvarez e Raquel Queizás. Tras moitos anos traballando no ámbito infantil, tanto por separado como xuntas en varias montaxes doutras compañías, en 2012 deciden unirse a prol do xogo, a fantasía e o amor polos nenos e nenas e o teatro. Co seu primeiro espectáculo, Viaxe a Dadá, un proxecto de teatro para bebés de 0 a 3 anos, percorreron parte da xeografía galega (A Coruña, Pontevedra, Gondomar, Ferrol, Santiago de Compostela) e con Chíos, a súa segunda montaxe, tamén para bebés, percorreron Galicia e Madrid e foron seleccionadas en festivais tan destacados como a Feria de Teatro de Castilla y León (Salamanca), en 2014, e a Fira de Titelles de Lleida (Cataluña), o Festival Sementes (Almada-Portugal) e o Festival FOME (Faro, Portugal) en 2015.


Contratación

Emi Candal- Urdime
619 920 335 / 981 937 424
comunicacion@urdime.net

www.urdime.net