Sinopse

Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe!

Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación… as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal.
Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico… o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.

Ficha técnica Adulto (NRM 13 anos) / Teatro / 85 minutos

Autoría: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Escenografía: Dani Trillo
Iluminación: Afonso Castro
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Música: Manuel Riveiro
Deseño gráfico: Dani Trillo
Fotografía e vídeo: Rubén Prieto
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo


Talía Teatro

Talía Teatro aglutina a un equipo de profesionais da escena que baixo a dirección de Artur Trillo acumulan anos de traballo en común e entre os que existe unha sintonía na forma de entender o feito teatral.

Un dos puntos fortes da compañía é o nivel de implicación do seu equipo. Un equipo dinámico, activo e con ganas de seguir medrando e enfrontarse con paixón a novos retos e experiencias.

Aborda proxectos que van más alá do puro entretemento, textos sólidos que falan da condición humana e provocan reflexión ao redor de diferentes temáticas, sen por isto esquecer o que leva ao espectador ao teatro: unha experiencia estética en vivo única e irrepetible.

Ademais Talía pon o seu equipo e experiencia artística ao servizo de eventos e programacións culturais: mostras teatrais, escolas de teatro, programacións…

É unha compañía flexible, con capacidade de adaptación e solucións áxiles que goza de recoñecemento entre o público.


Contratación

Artur Trillo
630 877 153
info@taliateatro.gal

www.taliateatro.gal

Descargas