Sinopse

A forma das cousas (The Shape of Things) é unha brillantísima comedia negra asinada polo dramaturgo Neil Labute, considerado como o herdeiro natural de David Mamet.

Trátase dunha historia provocadora, contundente, intelixente e cun ritmo trepidante que pescuda sobre os límites do amor e da arte contemporánea.

Evelyn, unha iconoclasta e excéntrica estudante de belas artes, aparece na vida monótona de Adán, un mozo inseguro e sen sorte no amor. El, que xamais se preocupara pola súa imaxe, estará disposto a cambiar calquera trazo da súa personalidade con tal de gustarlle a ela.

Pouco a pouco irase transformando, converténdose nun tipo máis desexable e atractivo. O cambio físico e emocional de Adán terá inesperadas consecuencias para todos. Até onde estamos dispostos a chegar en nome do amor?

Ficha técnica Maiores de 16 anos / Teatro / 90 minutos

Autoría: Neil LaBute
Dirección e dramaturxia: Carlos Álvarez-Ossorio
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Octavio Mas
Vestiario: Esther Souto
Música orixinal: Pablo Seoane
Elenco: Sara Casasnovas, Borja Fernández, Victoria Pérez, Machi Salgado e Pablo Seoane (música en directo)
Deseño gráfico e vídeo: Manuel Silva
Fotografía: Corsino
Comunicación: Alberto Ramos
Produción executiva: Marta Horjales
Cobertura técnica: RTA
Produción: La Yogurtera S.L.


La Yogurtera

Empresa produtora e distribuidora de espectáculos creada en 2010 por Marta Horjales, produtora de espectáculos, enxeñeira industrial e xestora cultural. La Yogurtera S.L. dedícase ao management, contratación de artistas, produción e distribución de espectáculos profesionais, así como á produción de eventos culturais. Presta servizos de xestión a compañías e grupos musicais e traballa con concellos de Galicia e entidades do eido cultural. Colabora con distintas empresas de servizos técnicos, así como con creadores e profesionais da produción, tanto técnica como artística, cos que traballa por proxecto.

En 2016 estrea a súa primeira produción teatral A forma das cousas (The Shape of things, de Neil LaBute).


Fotografía Nelson Cortino

Contratación

Marta Horjales
606 044 298
contratacion@layogurtera.es

http://layogurtera.wix.com
Facebook

Descargas