Sinopse

Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concretou no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990 e acabou convertida nun supermercado Eroski. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Esta é a súa historia, un relato que retrata o desarraigamento vital dunha xeración que experimentou o paso dunha sociedade tradicional a unha sociedade de consumo. Eroski Paraíso é por tanto unha historia sobre os cambios nas formas de vida e nos usos de moitas das nosas vilas e cidades. De como os espazos de lecer se transformaron en espazos de consumo. De como as salas de festa acabaron convertidas en centros comerciais. De como pasamos de bailar e mocear a mercar e consumir nese mesmo espazo. De como permanecimos como simples observadores mentres a vida nos pasaba por diante a toda présa.

Ficha técnica Todos os públicos / Teatro / 90 minutos

Autoría: Chévere
Dirección: Xron
Escrita: Manuel Cortés
Axudante de dirección: Arantza Villar
Escenografía: Chévere
Iluminación: Fidel Vázquez
Son: Fidel Vázquez
Vestiario: Chévere
Música: Terbutalina
Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luís Martínez


Chévere

Chévere é unha compañía de axitación teatral con 29 anos de traballo ao lombo, que en 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro. Neste tempo soubo manter con naturalidade unha proposta tan irreverente como xenuína e un sólido compromiso social, político e cultural. En 1992 creou a Nave de Servizos Artísticos-Sala Nasa, un espazo cultural independente único e irrepetible, ocupándose da dirección artística ata o seu peche en 2011. Dende 2005 diversificou o seu teatro de operacións, participando en proxectos audiovisuais, executando innovadores proxectos de creación en internet e convertendo o teatro nunha útil ferramenta de divulgación científica, defensa do pequeno comercio e prevención da violencia machista. Dende 2012 Chévere desenvolve un proxecto de residencia teatral no Concello de Teo (A Coruña). En 2015 puxo en marcha a Berberecheira, un espazo para sementar proxectos escénicos de xestión colectiva.


Contratación

Carlos Carbonell
678 460 559
cmcarbonell@cremilo.es

http://redenasa.tv/gl/artista/ver/chevere/
Blog
Trailer

Descargas