Sinopse

Contiguo nace de pór un ser humano xunto a outro. É o lugar onde un acaba e o outro empeza. Contiguo é a poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a pederte en alguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demais. O destino únenos; a historia escribímola nós.

Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un universo único para expresarse, resultado da búsqueda do Circo como linguaxe en si mesma. Os artistas non só utilizan a técnica para expresar, senón tamén un eu íntimo que aflora a través dela.

É un espectáculo que se pode adaptar a diferentes espazos.

Ficha técnica Todos os públicos / Circo / 65 minutos

Autoría: Compañía IO
Dirección: Natalia Outeiro
Coreografía: Paula Quintas
Escenografía: Teresa Gutiérrez de la Concha e Compañía IO
Iluminación: Alfonso Castro
Deseño espazo sonoro: María Move
Vestiario: Teresa Gutiérrez de la Concha
Música: María Move e Manuel Fonte
Elenco: Álvaro Pérez Fidalgo e Álvaro Reboredo Ortega


Compañía IO

A compañía IO nace a finais de 2013 coa unión dos artistas Álvaro Reboredo (A Coruña) e Álvaro Pérez (Sevilla). Contiguo é o resultado da fusión da súa experiencia escénica e as súas habilidades circenses. Unha combinación de corda Lisa e roda cyr, co apoio doutras disciplinas como a acrobacia e a danza.

Álvaro Reboredo estudou na Escola de Circo Carampa e na Escola de Circo Criollo (Bos Aires), ampliando a súa formación en clown. Traballou con compañías en España, Arxentina e Canadá.  Álvaro Pérez estudou tamén en Carampa e na Escola de Circo Flyc, en Turín, especializándose en roda cyr e acrobacias. Entre os seus traballos destacan Models from Torino, con Petr Forman, a súa participación como artista residente en Al Ghurair Centre (Dubai) e o premio do xurado no Festival de Vevey.


Contratación

Pistacatro Produtora de Soños
Belém Brandido
627 778 351 / 981 937 819
distribucion@pistacatro.com

http://io-circo.wix.com/contiguo

Descargas