Soñando a Pinocho La Tartana
xoves 14 Fundación SGAE Sala Germán Coppini / 11 h

La Tartana ofrécenos un espectáculo de nova creación que nos conta a fantasía e nacemento de Pinocho antes de que o propio Gepetto poida descubrilo. Unha máxica historia sobre a soidade e a perseverancia en conseguir un soño.

Gepetto é fogueiro nun vello barco de vapor. Un traballo duro e solitario. O cuarto de caldeiras está cheo de troncos que agardan a ser engulidos polo lume. Mais, todos non! Porque Gepetto, habilidoso coa navalla, talla todo tipo de figuras na madeira. O cuarto de caldeiras é un espazo máxico onde a soidade do fogueiro achega maxia a todo o que o rodea… Gepetto e o seu amigo grilo vivirán a aventura de encontrar un compañeiro no interior dun simple tronco de madeira.

Idea e creación: La Tartana Teatro
Autoría: Juan Muñoz, Inés Maroto
Dirección: Juan Muñoz
Axudante de dirección: Inés Maroto
Deseño de monicreques e creación do espazo escénico: Inés Maroto, Juan Muñoz
Música: José Manrique, Gonzalo Muñoz
Deseño sonoro: Gonzalo Muñoz
Deseño de iluminación: Juan Muñoz
Comunicación: Elena Muñoz
Administración: Luis Martínez
Produción: Luis Martínez
Distribución: Proversus
Actores-manipuladores: Carlos Cazalilla, Edaín Caballero, Gonzalo Muñoz, Esteban Pico

Infantil, familiar
Teatro de monicreques
50 minutos

La Tartana, compañía especializada en teatro de monicreques para público infantil e familiar, ten un valor artístico incuestionable. Conta con múltiples premios e recoñecementos polo seu traballo e sempre estivo involucrada na trasformación que viviu o mundo teatral dende a Transición. Pioneira dende finais dos anos 70, creadora do primeiro Festival de Calle de Madrid e da Sala Pradillo, La Tartana foi unha compañía non só preocupada polo seu facer artístico, senón tamén por prestar especial atención ao valor social que ten o teatro, ademais de colaborar con outras compañías e creadores. Un equipo creativo estable de investigación en constante busca de novas formas de expresión fai que esta compañía estea á cabeza no seu xénero.

Contratación

Isis Abellán (Proversus)
91 506 43 44 / 606 608 168
isisabellan@proversus.com
Web

Outros enlaces de interese:
Facebook