Salvador Borja Fernández
martes 12 Fundación SGAE Sala Germán Coppini / 12.15 h

SALVADOR, fuxida e desaparición de Benito Fernández

“Eu non coñecín ao meu avó paterno. Emigrou a Brasil nos anos 60 e desapareceu. En cada imaxe na que aparece semella unha persoa diferente. Mente, oculta información, reinvéntase a si mesmo en varias ocasións. Moitos emigrantes transfórmanse. Como o «spam» desta historia. Como se soubese que alguén no futuro estaría na súa procura, e a súa maneira de agocharse fose mudar a súa identidade e o seu pasado, como xogando ao descoido…”
[Borja Fernández. Ilhéus, Bahía, Brasil. 20 de setembro de 2015]

En escena: Borja Fernández, Laura Iturralde
Dirección: Uxía P. Vaello, Borja Fernández
Iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Escritura: Manuel Cortés, Borja Fernández
Asistencia de dirección: Diego Anido
Asistencia dramatúrxica: Claudio Días
Asistencia en residencia: Colectivo A Berberecheira
Espazo sonoro: Borja Fernández
Músicas: Pálida, Rosvita, Borja Fernández
Vestiario: Uxía P. Vaello
Vídeo: Miramemira
Imaxe e cartel: Isaac Piñeiro
Apoios en residencia: Iberescena, Teatro Ensalle, Grupo Chévere, Centro Dramático Galego, Espaço Luna Lunera, Espaço La Movida

Adulto
Teatro documento
65 minutos

Borja Fernández é un creador escénico establecido en Santiago de Compostela dende o ano 2000. Comezou presentando os seus traballos na Sala Nasa en 2002 e dende alí xurdiu unha extensa colaboración con diferentes colectivos e compañías, con xiras por teatros e salas de Galicia, España, Portugal, Mozambique, República Checa e Cuba a través de redes, festivais internacionais, intercambios artísticos e proxectos socioculturais.

Dende 2011 compaxina o traballo nas súas producións coa colaboración con diferentes colectivos como Grupo Chévere, Cía. Voadora, Metamovida, o grupo de rock Es un Árbol ou os creadores Diego Anido, Uxía P. Vaello e Andrea Quintana, entre outros.

Contratación

Borja Fernández
655 333 006
borjasalcedo@gmail.com
Web

Outros enlaces de interese:
Proxecto Salvador
Facebook