Plastic Paula Quintas-trasPediante
luns 11 Salón Teatro 22.00 h

O corpo como contedor: Plastic.

Como se dunha Barbie se tratase, que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior. Reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle dá ao de fóra e non ao de dentro.

O plástico tamén pode ser un espazo para gardar, conservar, un espazo onde o contido ten cabida. Así, o corpo recolle no seu interior as experiencias e as emocións que nos definen. Ocultámonos nun corpo transformando a demanda do momento social que nos toca vivir. Un corpo onde se almacenan, gardan e esquecen os momentos vitais; un contedor que modela e transforma o seu físico para non transparentar o contido-emocións que o enche. “Partindo do corpo, coma se dunha Barbie se tratase, ese plástico como contedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal dende o baleirado”.

Autoría: Paula Quintas
Dirección: Rut Balbís
Escenografía: Afonso Castro
Iluminación: Afonso Castro
Son: Afonso Castro
Vestiario: Fani Bello
Música: Rut Balbís
Elenco: Paula Quintas

Todos os públicos, a partir de 12 anos
Danza contemporánea
45 minutos

Paula Quintas é bailarina, funámbula circense, coreógrafa visual e pedagoga. É codirectora do Festival Corpo(a)terra de Ourense e traballa coa pedagoxía e docencia en Danza Alfaia e Danza Nenos de Santiago de Compostela.

Fundadora do Projecto C-F Dance, cofundadora de Voltage Opposites Project, pertence á compañía trasPediante.

Como compañía, estreou a peza curta de danza-circo para rúa e espazos non convencionais no Festival Sólodos En Danza Costa Rica en 2017: Analepsis. Plastic é o seu primeiro traballo escénico como compañía.

Con anterioridade, creou e continúa a xirar co espectáculo de circo-danza Up2Down xunto coa súa compañeira Marta Alonso.

Plastic foi estreado o 28 de abril de 2018 no Auditorio Municipal de Ourense.

Contratación

Belém Brandido (Galicia) / Manu Lago (fóra de Galicia)
627 778 351
distribucion@pistacatro.com
Web

Outros enlaces de interese:
Facebook
Vimeo
www.pistacatro.com