Planeta Ardora Trompicallo
Mércores 13 Fundación SGAE Sala 2 / 11.00 h

Houbo un día no que o Planeta Ardora estivo cheo de luz. Un día no que florecían as “adalas”, que así é como se chaman alí as flores. Os “tulús”, os peixes, nadaban na ardora, que é a auga-luz que lle dá nome ao planeta e que ilumina a moitos seres que alí viven.

Naqueles días Ardora podía considerarse un planeta feliz, pero (sempre hai un pero, senón non existirían as historias) todo isto rematou. Alguén comezou a estragar a auga-luz e, con ela, o resto da vida, deixando todo enzoufado e noxento. Os pobres ardorianos non sabían que facer nin onde ir e vagaban polo planeta ennegrecido intentando atopar un lugar para empezar de novo, cando un pequeno ser, un verme, nun curruncho do planeta, foi quen de devolverlles a esperanza e as forzas para loitar e intentar salvar Ardora… Agora só queda ver se o conseguirán.

Autoría: Marián González
Dirección: Marián González
Escenografía: Trompicallo
Iluminación: Luis González
Música: Ignacio Sanz
Foto/vídeo: Juampa Ameneiro
Elenco: Sabela Amado, Luis González, Marián González

Todos os públicos; escolares: de 5 a 10 anos
Teatro de marionetas
50 minutos

Trompicallo comeza a súa andaina no ano 1997. A compañía foi fundada por Luis González e Marián González, profesionais de teatro de marionetas que despois de anos traballando e colaborando con outras compañías xúntanse para dar vida a este proxecto co fin de crear un espazo onde desenvolver unha linguaxe propia, investigar e colaborar con profesionais doutros ámbitos artísticos. Ao longo destes máis de 20 anos a compañía leva feito 11 produccións coas que ten presenza nas principais redes profesionais e festivais do Estado.

Contratación

Marián González
636 860 927
marian@trompicallo.com
Web

Outros enlaces de interese:
Dosier galego
Teaser