Patapatúm Elefante Elegante
mércores 13 Fundación SGAE Sala Germán Coppini / 12.15 h

Sorpresa! Unha montaña de agasallos! Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Os máis pequenos non dan feito entre tanto xoguete. E os maiores, atados pola espiral do tempo, non son quen de facer un oco na súa axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.

Patapatúm é a reflexión do Elefante Elegante sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. Patapatúm é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada na música dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa dende o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá.

Creación e dirección: María Torres, Gonçalo Guerreiro
Dirección de actores: Pablo Sánchez
Dramaturxia: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Pablo Sánchez
Elenco: Agustín Bolaños, Gonçalo Guerreiro, María Torres
Espazo escénico e atrezo: Alessia Lombardo
Vestiario: Beatriz Clara
Máscaras: Izumi Akabashi
Maquillaxe: Maëlys Feraud
Música: Gueorgui Oganesian, Alberto Grela, Miguel Paz
Colaboración musical: Vanessa Rivas
Iluminación: Nacho Martín

Infantil, entre 3 e 8 anos
Teatro xestual
45 minutos

O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento.  As súas creacións buscan a universalidade e xorden da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

Contratación

María Torres
606 257 239
maria@elefanteelegante.net
Web