O servidor de dous amos Talía Teatro
luns 11 Teatro Principal 19.30 h

Talía Teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos urbanísticos, nobres e mandatarios trocan en empresarios e políticos e a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz coma divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo e de todos; ata de nós mesmos.

Autoría: Carlo Goldoni
Dirección: Diego Rey
Adaptación: Diego Rey
Escenografía: Diego Valeiras
Iluminación: Diego Valeiras
Vestiario: Martina Cambeiro
Fotografía: Rubén Prieto
Elenco: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Dani Trillo

Adulto
Teatro
80 minutos

Talía Teatro, que cumpre trinta anos en escena neste 2018, aglutina un equipo de profesionais das artes escénicas que baixo a dirección de Artur Trillo acumulan anos de traballo en común e entre os que existe unha sintonía na forma de entender o feito teatral. Dende a súa posta en marcha en 1988 coa montaxe O Rei aborrecido, de Xesús Pisón, Talía tenlle regalado ao público máis de 40 montaxes diferentes.

Dende os nosos inicios, perseguimos a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país.

Contratación

Artur Trillo / Auri Ferreiro
981 943 242 / 630 877 153
info@taliateatro.gal
Web

Outros enlaces de interese:
Facebook