O rei morre Sarabela Teatro
martes 12 Teatro Principal 19.30 h

Entre os restos dunha escena,
a festa de aniversario de onte,
as ruínas dun pasado mellor.

Un home –un rei, un pallaso-
aferrado ao poder, ao protagonismo,
ao estado, ao seu papel.

Un home único que se volve común ante a morte anunciada,
o final inminente dun tempo, dunha escena.
A morte individual como a fin do mundo.

Todo gastado, manido, o cansazo xeral dunha vella Europa aferrada ás súas ruínas.
O actor que non quere abandonar o escenario e o rei que nega o inminente.

O cortexo de espectadores agarda:
“Fagan o favor de abandonar a sala, que hai xente esperando na antesala!”

E mañá terá lugar outra representación, noutro escenario, outra paisaxe é posible.

Autoría: versión libre sobre o texto orixinal de Eugène Ionesco
Dirección: Ana Vallés
Adaptación: Ana Vallés
Tradución: Nate Borrajo
Escenografía: José Manuel Faro, “Coti”
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Ana Vallés, Sarabela Teatro
Vestiario: Ruth D. Pereira
Elenco: Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Alfonso Míguez

Todos os públicos
Teatro
60 minutos

Con 38 anos de actividade ininterrompida, Sarabela está en proceso de cambio e de procura artística constante.
Comezamos. Sempre comezamos.
Queremos facer unha celebración contigo. Celebrar o noso encontro nos teatros.
Queremos ser cómicos da legua, reis e pallasos.
Erguernos cada mañá e celebrar o novo día xa que a existencia é un gran agasallo.
Presentar un equipo novo en cada montaxe xunto ao equipo que leva décadas de traballo conxunto.
Queremos subir a montañas, pero cos pés mollados de ríos e praias. Levamos o peso que é a nosa bagaxe de moitos lugares e de máis de cincuenta montaxes, e se os deuses deciden derrubarnos, imos volver tentar a subida, porque a viaxe que queremos facer é a que nos leva ao teu interior.

Contratación

Fina Calleja / María Casar
629 860 580 / 678 601 550
sarabelateatro@yahoo.es / fina.calleja@gmail.com
Web

Outros enlaces de interese:
Teaser