Método negro Javier Martín
mércores 13 Salón Teatro 22 h

“Dende unha posición relativa de debilidade, permitindo a forma. Na fame emite metodoloxía, e trazo. Distonía, técnica. Non se pode explicar a auga, coméntase.

É polos movementos aberrantes que se abisma en fragmentos, o ensino non enunciado dunha arte escura que pon a vibrar soidade e silencio. Non baila. Retórcese, treme, quebra, cae, dá un paso. Nun virar sen eixo, fabrica unha nova sensibilidade”.

Consta dun proceso de creación continuo, que sostén a convocatoria de grupos de traballo temporais. A intención é situar nos corpos os contidos que conforman as texturas de movemento de Método negro. Desenvolvendo unha deriva investigadora en comunidade, nun corpo ampliado ou ácrata. Trátase de permitir a inferencia e a crítica, enriquecendo a coreografía na co-emerxencia do fenómeno, e compartir coñecemento. Unha práctica en código aberto.

Crea e baila: Javier Martín
Luz: Octavio Mas
Asistencia de dirección: Sabela Mendoza
Escenografía, son e textos: Javier Martín
Vestiario e traballos plásticos: Marieta González, Manolo Cremallera

Adulto
Artes do movemento | instalación, performance, acción contemporánea, danza e procesos de investigación
60 minutos

Coreógrafo e investigador con máis de 30 pezas como A exforma, O antiedipo, Control ou Metopio. Traballa en España, Francia, Rusia, Portugal, México e Ucraína. Realiza relatorios, escribe o seu primeiro ensaio e intervén en diferentes congresos, universidades ou laboratorios. Recentemente foi artista residente en L’animal a l’esquena, Girona; EIRA, Lisboa; Kannon Dance House, San Petersburgo; Centro de Danza Canal, Madrid; Museo Universidad de Navarra ou Teatro Colón na Coruña. E presenta os seus proxectos en UNAM e Museo del Chopo, México; GogolFest, Kiev; Teatro Alexandrinsky, San Petersburgo; CCCB, Barcelona; Theatro Circo, Braga; Museo Reina Sofía, Madrid, ou Univ. Sorbonne, París. Colabora con diferentes artistas, como o músico Oleg Karavaichuk no proxecto Symptoma ou o cineasta Tono Mejuto na peza de Qviasma. En 2017 o MUN publica Javier Martín. Cuaderno de creación.

Contratación

Sabela Mendoza
646 823 523 / 629 163 528
oficina@javiermartin.gal
Web

Outros enlaces de interese:
Web ‘método negro’
Teaser
Dosier proceso de creación