Lo nunca visto La Estampida
mércores 13 Teatro Principal 19.30 h

A un mes do peche por impagos do seu estudio, unha decrépita profesora de danza e teatro para nenas decide que é o momento do “agora ou nunca” e realizar un espectáculo que revolucione a arte contemporánea: Lo nunca visto.

Sen talento, sen cartos e xa sen alumnas nas súas clases, lánzase a recrutar a “artistas comprometidos” para a súa causa.

Só acudirán á súa chamada dúas das súas exalumnas: unha yonki e unha ama de casa fugada hai pouco.

A entrega en corpo e alma das nosas tres protagonistas, que non teñen outra cousa que contarnos máis que as súas propias vidas, poranos o listón moi alto, facéndonos bailar de pranto e rir de suor.

Comeza a función.

Escuro.

Autoría: La Estampida
Dramaturxia e dirección: José Troncoso
Elenco: Alicia Rodríguez, Belén Ponce de León, Ana Turpín
Axudante de dirección: Borja Roces
Escenografía: Juan Sebastián Domínguez
Iluminación: Juanan Morales
Vestiario: Miguel Ángel Milán
Fotografía e audiovisual: Susana Martín
Deseño de cartel e gráficas: Agus Burgos
Produción executiva: Kike Gómez
Distribución: Amadeo Vañó – Cámara Blanca

Adulto
Teatro
70 minutos

La Estampida é o resultado de unificar as enerxías e traxectorias dun conxunto de creadores cunha linguaxe e ideas comúns.

Baixo a esencia de laboratorio de creación, os seus integrantes, procedentes de diferentes disciplinas e formacións, poñen ao servizo de cada un dos seus espectáculos as súas inquedanzas e traxectorias, unificándose baixo unha linguaxe común: a técnica do “xogo” do mestre Philippe Gaulier.

José Troncoso, formado nesta escola e cunha ampla traxectoria como director e docente a nivel nacional e internacional, é o encargado de dirixir esta compañía, xerando un espazo de investigación dende o que lanzar as propostas do colectivo: unha “fábrica de expresión”.

Contratación

Amadeo Vañó
620 610 654
amadeo@camarablanca.com
Web

Outros enlaces de interese:
Teaser
Dosier