La soledad de Wally Elahood
xoves 14 Auditorio Abanca 17.30 h

La soledad de Wally é unha produción de danza urbana que consta de catro pezas individuais (Water, Impermeable, Protocolo e Pipas al aire) unidas por unha temática común pero exploradas dende diferentes puntos de vista. O sorriso dunha estraña, compartir unha lasaña de espinacas, espertar cun berro de bos días, unha aperta.

Cando as relacións sociais son indispensables para as persoas e a súa ausencia ten consecuencias tan negativas, por que é tan difícil admitir que nos sentimos soas?

Autoría, dirección e interpretación: Sabela Domínguez Pérez, Julia Laport Rivas
Iluminación: Sabela Ramos Candedo
Fotografía: Daniel Vázquez Ambroa
Vestiario: Kayighe Reid, “Gzell Designs”
Música: Adrián Vidal, Miguel Thomas, Iago Blanco
Produción: Elahood
Asesoramento coreográfico: Rachel Kay
Distribución: Artestudio Xestión Cultural

Adulto
Danza urbana
55 minutos

Elahood é unha compañía emerxente galega de danza urbana fundada en xaneiro de 2017 por Sabela Domínguez Pérez e Julia Laport Rivas, ambas formadas en Londres e de volta á súa terra coa intención de promover a arte urbana en Galicia e compartir a súa visión sobre o mundo. Elahood desenvolve o seu propio vocabulario de movemento, creando unha linguaxe persoal coa que tratan diferentes temáticas sociais coas que se senten comprometidas.

Contratación

Estefanía Vázquez / Ramiro Neira
630 867 712 / 696 723 016 / 981 131 819
producccion@artestudioxestioncultural.com

Outros enlaces de interese:
Facebook
Youtube