Gaia Entremans
luns 11 Salón Teatro 11.30 h

“O noso fogar, a Terra, está a cambiar rapidamente… Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente. GAIA perténcenos a tod@s. Podemos debuxar xunt@s, un mañá feliz e un mundo a toda cor.”

Gaia é unha peza didáctica para público familiar (a partir de 3 anos). É o segundo espectáculo infantil de Entremans, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Xoga. En Gaia a voz e a danza achégannos coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa. É unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais. É un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente. Conta con axudas á produción da Agadic.

Dirección: Kirenia C. Martínez, Estefanía Gómez
Guión e dirección de escena: Kirenia C. Martínez Acosta
Coreografía e interpretación: Kirenia C. Martínez, Estefanía Gómez
Voz en off: Ramiro Neira, Estefanía Gómez
Espazo sonoro: Carla López, Iago Mouriño
Aderezo e decoración: Equipo Creativo RTA (Xacobo) e Compañía Entremans
Deseño de iluminación: Equipo Creativo RTA (Diego)
Animación/vídeo: Ziwa
Arte-Imaxe: Gosia Trebacz
Vestiario: Santos Salgado, Compañía Entremans
Asesoramento lingüístico: Beatriz Corral
Asesoramento medioambiental: Noel Miguélez
Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural

Infantil, familiar (a partir de 3 anos)
Danza
50 minutos

Entremans é unha compañía de danza contemporánea creada en 2006 por bailaríns cubanos residentes en Galicia. Mantén unha filosofía de traballo grupal na que a creación e a dirección artística xeralmente se realizan en colectivo, o que fai que non poida definirse como unha compañía ao uso. Combinan as súas producións con labores formativos, colaboracións teatrais e asistencias coreográficas.

Foi premiada en varias ocasións e as súas creacións presentáronse en festivais nacionais e internacionais (Cuba, Bélxica, Suecia, Alemaña, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal, Hungría).

Espectáculos: En la cuenca de tus ojos (2006), Hasta que no te lo comas todo… (2006), A palo seco (2006), Sí quiero (2006), Mapas (2007), Dejándome (2009), A medio metro de lo vivido (2009), Concerto Desconcerto (2009), 39 y medio (2011), Blondy’s Coffee pieza sola para dos mujeres (2011), Só un desexo (2015), Xoga (2015).

Contratación

Fany
630 867 712
produccion@artestudioxestioncultural.com
Web

Outros enlaces de interese:
Teaser