Fillos do Sol Contraproducións
luns 11 Auditorio Abanca 17.30 h

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, don Eduardo, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación: Eduardo, el mesmo cando comezaba, de mozo, a súa carreira literaria. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por Rosa, a xove criada da pensión na que o bardo está albergado.

Autoría: Cándido Pazó
Dirección: Cándido Pazó
Escenografía: Carlos Alonso
Iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Carlos Alonso
Música: Guillerme Fernández
Elenco: César Cambeiro, Adrián Ríos, Alba Bermúdez

Adulto
Teatro
75 minutos

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.

Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creacións escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas.

Contratación

Belén Pichel / Lilian Portela
605 263 755 / 610 106 808
belenpichel@gmail.com / contra.compostela@gmail.com
Web

Outros enlaces de interese:
Facebook