Elisa e Marcela A Panadaría
mércores 13 Auditorio Abanca 17.30 h

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

Mellor espectáculo, mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista nos Premios María Casares 2018. Premio de igualdade Luísa Villalta 2017. XIV Premio LGBT Marcela y Elisa do Colectivo ALAS.

Coprodución de A Panadaría co CDG, Concellos da Coruña, Vimianzo e Rianxo.

Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman
Dirección: Gena Baamonde
Texto: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, Gena Baamonde
Música orixinal: Ailén Kendelman
Iluminación: Laura Iturralde, Montse Piñeiro
Escenografía: A Panadaría, Beatriz de Vega
Vestiario: Fanibell

Adulto, a partir de 12 anos
Teatro (comedia)
75 minutos

A Panadaría, fundada en 2013, ispe de atavíos o escenario para colocar no centro as súas actrices, nunha linguaxe desenfadada baseada no humor, o traballo corporal e a música vocal.

A comedia de A Panadaría é rebelde, transgresora e sen complexos, cun discurso que foxe do ortodoxo. Alén disto, este forno de pan escénico tamén é coñecido polo seu compromiso feminista e reivindicación en materia de igualdade, apostando por equipos conformados integramente por mulleres.

No ano 2015 son recoñecidas co Premio da Crítica Galicia e destacadas como compañía galega revelación do momento. Elisa e Marcela, que acada xa seis premios en menos dun ano, supón a confirmación de que A Panadaría veu para quedar.

 

Contratación

Areta González Bolado
650 454 549 / 626 700 444
apanadaria@hotmail.com
Web

Outros enlaces de interese:
Vídeos promocionais
Facebook