Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira Producións Teatráis Excéntricas
martes 12 Auditorio Abanca 17.30 h

Logo de 25 anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e “tablaos”, tanto flamencos como euscaldúns, en festivais de teatro clásico ou desaparecidas salas alternativas, o celebrado dúo cómico Mofa&Befa enfronta por primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida: “E agora que?”.

E esa é a gran pregunta. De que vai iso de pensar? Unha pregunta que trae aparellada a súa propia revelación, porque se do que se trata é de aprender a pensar, por que non superar todas as dúbidas como dúo cómico facendo un espectáculo sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida dende hai dous mil cincocentos anos polo enigmático e farfallado nome de “filosofía”?

Autoría: Carlos Santiago, Pepe Sendón
Dirección: : Carlos Santiago
Dirección de arte: Natasha Lelenco
Iluminación: Octavio Mas
Elenco: Josito Porto, Víctor Mosqueira

Maiores de 14 anos
Teatro
95 minutos

PT Excéntricas orienta os seus traballos ao territorio da comedia e da farsa, e nos delicados mecanismos do humor. Serve de plataforma para as creacións de Mofa&Befa como Shakespeare para Ignorantes, explora outras formas do humor máis sarcástico con autores internacionais como Martin McDonagh, Diderot ou Topor e serve como plataforma de creación dos espectáculos unipersoais de Quico Cadaval e os musicais de Piti Sanz.

En 2017 adentrouse na farsa fantasiosa de A Cabeza do Dragón (gañadora de catro María Casares) e en 2019, décimo quinto aniversario da compañía, presentará Carpe Diem, do multipremiado escritor brasileiro Rubem Fonseca (no primeiro trimestre), e Medida por Medida, de William Shakespeare (no outono).

Contratación

Rubén G. Pedrero
618 752 105
ruben.excentricas@gmail.com
Web

Outros enlaces de interese:
Facebook