Casa O'Rei Ibuprofeno Teatro
xoves 14 Salón Teatro 22 h

Casa O’Rei propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir de O rei Lear de W. Shakespeare ambientado nunha típica Casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobiada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Elenco: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira, Xosé M. Esperante
Escenografía: Pablo Giráldez, “Pastor”
Deseño de iluminación: Salvador del Río
Vestiario: Marián Bañobre
Música: Alonso Caxade. Gravada por Tomás Ageitos no Estudio A Ponte
Músicos: Manu Paino, Manu Espinho, Xosé Tunhas e Alonso Caxade
Maquillaxe e peiteado: Baia Fernández
Técnico de luz e son: Héctor Pazos
Cobertura técnica: Ningures Produción, S.L.
Imaxe: Diego Seixo
Vídeo: Jose V. Estonllo
Comunicación: Fátima R. Varela
Axudante de dirección: Laura Campos
Texto e dirección: Santiago Cortegoso
Produción e distribución: Ibuprofeno Teatro, S.L.

Adulto
Teatro
95 minutos

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre fundamos en 2010 Ibuprofeno Teatro para sacar adiante proxectos de xeito independente. Despois de cinco espectáculos de pequeno formato, en 2016 demos o salto asumindo producións de maior envergadura con Raclette, que foi finalista á mellor autoría e dirección nos Premios Max.

Con Casa O’Rei continuamos na procura dunha linguaxe persoal para falar dos temas clave que afectan ao ser humano contemporáneo. Perseguimos o rigor na dramaturxia e integramos a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena. Os nosos personaxes buscan a súa identidade nun contexto global e complexo que non poden controlar. O absurdo e un humor acedo e sarcástico son os nosos lugares comúns.

Contratación

Santiago Cortegoso
696 730 037
ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com
Web

Outros enlaces de interese:
Facebook
Twitter