Emporcarse de chocolate pode ser divertido, e a hora do baño podería selo aínda máis. Dous amigos, chocolate, unha bañeira e música orixinal son os ingredientes desta posta en escena.
Bathtime é un espectáculo sen palabras. Unha exploración de xogos entre dous amigos dentro, fóra e ao redor dunha bañeira grande. Unha serea, tormentas, sombras ou unha quenlla son algúns dos protagonistas nesta obra, cunha interpretación chaplinesca dos anos 20.
Autoría: Kevin Stewart, Carolina Ramos
Dirección: Carolina Ramos, Kevin Stewart
Escenografía: Angélica Ramírez
Iluminación: Tatiana Fernández
Vestiario: Katarsis Educación – Teatro
Música orixinal: Luis Sánchez Bolón
Elenco: Kevin Stewart, Estíbaliz Veiga
Teatro
30 minutos
Katarsis, compañía galega fundada en 2006, exerce como escola e compañía artística que produce, distribúe e representa espectáculos teatrais para público mozo, infantil e familiar.
Como compañía artística conta con cinco espectáculos no seu repertorio: Pa cama, ¡Grande, máis grande!, Se eu fora maior, Malas palabras e a última creación, Bathtime. Con estes espectáculos, Katarsis é coñecida non só en Galicia e o resto de España, senón tamén internacionalmente. A compañía ten feito xiras por Irlanda, Canadá, EE.UU., Francia, Dinamarca, Singapur, Romanía e Italia.
Así mesmo, ofrece a creación de proxectos educativos de carácter teatral, fomentando a renovación pedagóxica a través do intercambio de ideas, necesidades e soños de profesionais da educación e artistas.
ContrataciónKevin Stewart
663 305 080
katarsisgalicia@gmail.com
Web