A Leituga eme2 producións
Xoves 14 Teatro Principal 19.30 h

Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma dende hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai.

A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento nas nosas vidas: que facer cos nosos pais cando se achegan á morte?

A través destes cinco personaxes, cos seus puntos de vista e as súas diferentes realidades, viaxaremos polos vínculos, lealdades e deslealdades da familia, as parellas, os irmáns, os pais e os fillos. Os asuntos non resoltos, as contas pendentes.

O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e a ética. A esperanza e a aceptación. Os medos, as miserias, a procura da felicidade.

A decadencia da “familia”, a responsabilidade, a eutanasia, a felicidade, a vida e a morte son os temas presentes na obra.

Autoría: César Sierra
Dirección: Víctor Duplá
Tradución: José Luis López Roca
Axudante de dirección: Tamara Canosa
Escenografía: José Manuel Faro, “Coti”
Iluminación: José Manuel Faro, “Coti”
Vestiario: Uxía Vaello
Música orixinal (vídeo): Anxo Graña
Deseño gráfico: Roi Fernández- LeGráfica
Fotografía e vídeo: Lucía Estévez
Fotografía cartel: Aigi Boga
Comunicación: Sonia Díaz- Nócomún
Produción executiva: Cecilia Carballido
Produción: eme2
Elenco: Antonio Durán, “Morris”; Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro, Xosé Barato

Adulto
Teatro
80 minutos

eme2 é unha empresa dedicada á distribución e produción de espectáculos de artes escénicas. No camiño que iniciamos en 2001 tivemos como acompañantes a marabillosos profesionais e espléndidas compañías que fixeron que o traballo en equipo con eles nos enriquecese pouco a pouco. Nese ferver a modo do día a día, nese camiño de constante reinvención, mantivemos sempre un dos nosos principios fundacionais: pensar como e para os que sentan na butaca. Neste sentido, apostamos por producións dirixidas a un abano amplo de públicos mantendo sempre unha esixencia alta na calidade final dos espectáculos.

Contratación

Mercedes González Castro
981 534 134 / 679 449 970
emedous@emedous.com
Web

Otros enlaces de interés:
Facebook
Twitter