Sinopse

Ulises e a nena durmida, segunda travesía é unha sinfonía de corpos, voces e imaxes inspirada na traxedia grega do heroe Odiseo. É unha viaxe do mapa oficial ao territorio propio, ou un corpo navegando noutra posible historia.

O proxecto escénico, arroupado pola cooperativa galega Rexenerando, inclúe a programación expandida que demos en chamar “Arte lenta para transformar corpos e comunidades”, que pretende achegar movemento e linguaxe contemporánea a públicos e vilas implicadas cos eixos de traballo da obra: cuestionamento dos mitos, identidade sexual, roles de xénero e amor ou inclusividade. É o noso obxectivo traballar coa adolescencia e tamén con outros colectivos sensibles, na procura de teatros cheos, que evolucionen e vivos.

Ficha técnica Maiores de 14 anos | Danza teatro | 50 minutos aprox.

Dirección e interpretación: Ánxela Blanco
Asistencia de dirección e interpretación: Natalie Schaevers
Asistencia no movemento: Andrea Quintana
Vestiario, produción e espazo escénico: Atelier efímero (Marcia Edleditsch e Lorena Barrán)
Iluminación e espazo escénico: Afonso Castro
Música orixinal: Mónica de Nut, Mr. Krah (Iván Rodríguez), Macarena Montesinos, Manuel Fonte e María Move
Visuais: Rubén Vilanova
Técnico en xira: Dani Pais

Artista e obra forman parte de Rexenerando cooperativa galega


Ánxela Blanco

Ánxela Blanco, A Coruña, 1983.

Levo algo máis de dez anos navegando nas artes vivas e da escena, universo ao que cheguei dunha forma accidental e reveladora; viña da dirección e administración de empresas. Teño un pé na educación, na crianza e nas artes aplicadas a ela, ademais de soster unha práctica comunitaria, de mediación e de xestión colectiva en diferentes asociacións ou bandadas (Manicómicos, Colectivo Fume, Casa Tomada, Danesga, Sarsur, Circo de Galiza-Semente Madeleine).

Traballo de xeito continuado ou puntual para compañías e artistas como Elefante Elegante, Mónica de Nut, Fredi&Cia, Entremans, Matías Daporta, Os Bolechas, Galicia Caníbal…, na maioría como intérprete, pero tamén teño acompañado na dirección e na coreografía. Na miña faceta como creadora teño sido artista residente en diferentes espazos de Galicia e París ou Premio Injuve por Fume, desenvolvendo proxectos lentos e de investigación como Olivia necesita verán ou actualmente Ulises e a nena durmida, na súa segunda travesía.


Contratación

Andrea Rico Adega
698 129 065 (Andrea) / 698 157 414 (Olalla) / 637 479 881 (Ánxela)
arte@rexenerando.com
Web1
Web2
Web3

Descargas