Sinopse

Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral. Nesta ocasión, Ubú O´Reilly terá como aliado a un Bordure transfigurado en Liam O´Connor para destronar o rei do porto: Dugan O´Sullivan.

Maragotas, tabaco de contrabando, os costumes ancestrais de Osetia e un cadro variado de situacións paradoxais que conforman unha historia cómica que transita veloz sobre o seu propio escenario e, ao mesmo tempo, constitúe unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade.

Ficha técnica Adulto | Teatro | 70 minutos

Autoría: Alfred Jarry
Versión literaria e dirección: Roberto Salgueiro
Deseño de espazo escénico, vestiario e iluminación: Roberto Salgueiro
Deseño de maquillaxe: Martina Cambeiro
Deseño e realización de atrezo: Dani Trillo
Realización de escenografía: Dani Trillo
Realización de vestiario: Bety Sieira (Chimpos)
Fotografía e vídeo: Rubén Prieto
Comunicación: Clara Sánchez
Asistencia técnica e de vestiario: Martina Cambeiro
Produción e distribución: Artur Trillo e Auri Ferreiro
Elenco: Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Marta Lado, Dani Trillo e Rubén Prieto


Talía Teatro

Talía Teatro é unha compañía creada en 1988 e que aglutina a un equipo de profesionais da escena que, baixo a dirección de Artur Trillo, acumulan anos de traballo en común e unha sintonía na forma de entender o feito teatral.

Desde os nosos inicios, perseguimos a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país.

 


Contratación

Artur Trillo
981 943 242 / 630 888 105
info@taliateatro.gal
Web1
Web2
Rider
Dossier

Descargas