Sinopse

Tropical é un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Tropical é un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur, nun cruceiro sedutor, e do sur ao norte, fuxindo da fame e dos cascallos.

Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco invita a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada.

Cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza, Tropical é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.

Ficha técnica A partir de 12 anos | Teatro de movemento | 75 minutos

Autoría e dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Elenco: Marta Alonso, Ánxela Blanco, Fredi Muíño, Gonçalo Guerreiro e María Torres
Música: Gonçalo Guerreiro, Antonio Romero, Rosalía Vázquez, Richi Casás, Iago Blanco, Kibitka, Juanma Ons e Manuel Ares
Vestiario: Beatriz Clara
Espazo escénico: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Iluminación e sonoplastia: Dani Pais
Textos: María Torres e Carlos Díz
Asesoramento antropolóxico: Carlos Díz
Atrezo: Anahí Taraburelli
Técnico de escena: Javier Pérez Piñón
Deseño gráfico: Alba Farto


Elefante Elegante

O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. As súas creacións buscan a universalidade e xorden da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

A compañía, de orixe galego-portuguesa, está dirixida por María Torres e Gonçalo Guerreiro. Comezou como proxecto experimental no ano 2000 e del formaban parte actrices e actores de diferentes países europeos. A súa interpretación baseábase no xogo corporal co obxectivo de desenvolver unha linguaxe teatral universal. O labor rigoroso do Elefante Elegante ten sido recoñecido co premio ao mellor espectáculo nos premios María Casares 2013 e co premio ao mellor espectáculo infantil en 2017.


Contratación

Agustín Bolaños
655 447 887
info@elefanteelegante.net
Web
Vídeo

Descargas