Sinopse

Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pechada. Semella que ninguén repara neste personaxe, enfundado nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, disposta a chegar ata o final daquel misterio… pois así é esta rapaza, curiosa e soñadora.

Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen límites nin distancias.

Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María Canosa de fondo, Ghazafelhos presenta unha posta en escena chea de sorpresas, pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué… unha mestura de xéneros que Ghazafelhos soe propoñer para sorprender a un público familiar e facer que esta máxica historia sexa difícil de esquecer.

Ficha técnica A partir de 5 anos | Teatro actoral | 60 minutos

Autoría: Pepablo Patinho (adaptación do conto do mesmo nome de María Canosa)
Dirección: Pepablo Patinho
Adaptación: Pepablo Patinho
Escenografía: Teatro Ghazafelhos
Iluminación: Ana Díaz
Son: Ana Díaz
Vestiario: Teatro Ghazafelhos
Música: Gloria Mosquera e Tomi López
Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas


Teatro Ghazafelhos

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006. Inícianse con pequenas obras de monicreques, contacontos e teatro de rúa e especialízanse en teatro actoral, consolidándose en pouco tempo como unha das compañías galegas de referencia para público familiar.


Contratación

Emi Candal — Urdime
619 920 335 / 981 937 424
emicandal@urdime.net
Web
Video 

Descargas