Sinopse

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura, atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.

 

Duración: 30 minutos aproximadamente.

Aforo limitado a 100 persoas por pase.

Ficha técnica Infantil, de 1 a 4 anos aprox. | Teatro | 30 minutos | Cabida limitada a 100 persoas por pase

Autoría: Juan Rodríguez e Laura Sarasola Pontón.
Dirección: Laura Sarasola Pontón
Escenografía: Caramuxo Teatro
Iluminación: Suso Jalda
Son: Suso Jalda
Vestiario: Caramuxo Teatro
Coreografía: Laura Sarasola Pontón
Elenco: Juan Rodríguez Santiago


Caramuxo Teatro

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña no ano 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Traballa, ademais, nunha liña específica na creación de espectáculos para bebés.

Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, cunha especial responsabilidade co público máis novo.

Desde os inicios mestura diferentes técnicas: teatro de actor, monicreques, danza. A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural ademais do artístico, que consigan a fidelización do público.


Contratación

Laura Sarasola / Juan Rodríguez
610 848 781 / 699 521 803
info@caramuxoteatro.net
Web1
Web2

Descargas