Sinopse

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos. Ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias, historias que teñen música e cantan cando Marieta quere. Pero Marieta ten unha porta que garda un segredo, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada; por iso Marieta sempre se enfada.

Ficha técnica A partir de 5 anos Teatro 50 minutos

Autoría: Andrea Bayer
Dirección: Óscar Ferreira
Escenografía: Óscar Ferreira
Iluminación: Daniel Abalo
Son: Daniel Abalo
Vestiario: Baobab Teatro
Música: Davide González e Elena Paz
Elenco: Davide González e Andrea Bayer


Baobab Teatro

Somos unha compañía especializada en teatro para nenos e nenas que nace en 2011 da man de Óscar Ferreira e Andrea Bayer. Temos unha filosofía, crear espectáculos de máxima calidade, apostando por unha forte poética, e promocionar a lingua galega.

Ao longo destes anos fomos creando diferentes espectáculos teatrais, moitos deles distinguidos con diversos premios e recoñecementos: Fíos (2011), nomeado aos premios Max pola autoría teatral galega, seleccionado na X edición da Feira de Castela e León; Babs (2012), seleccionado en FETEN 2013; Contos para un caldiño (2012); O soldadiño de chumbo (2013); Baila Roque baila (2013); Martes (2014), seleccionado en FETEN 2015 e recomendado pola Rede de Teatros e Auditorios nacional e pola rede vasca SAREA; Luppo (2015), premio mellor espectáculo infantil e familiar na XVI Feira de Castela e León, recomendado pola Rede de Teatros e Auditorios nacional, pola rede vasca SAREA, pola rede andaluza e pola rede de Castela e León, e candidato aos premios Max 2016; O lobo e a lúa (2016), Premio Barriga Verde 2014.


Contratación

Óscar Ferreira
699 783 168
contacto@baobabteatro.com
Web
Vídeo

Descargas