Sinopse

Penal de Ocaña é o diario de María Josefa Canellada, que, sendo estudante de Filosofía e Letras no Madrid de 1936, discípula das maiores figuras intelectuais do momento e colaboradora do Centro de Estudios Históricos, ve truncada a súa vida polo estalido da Guerra Civil. Nel cóntase como se entrega en corpo e alma a axudar as vítimas do conflito enrolándose como enfermeira, primeiro no hospital de Esquerda Republicana en Madrid e logo no que fora a antiga sede do penal de Ocaña, transformado naquel momento en hospital de sangue, sendo fiel aos seus principios morais por encima de intereses de carácter político, o que suporá finalmente a súa propia desaparición.

Ficha técnica Adulto | Teatro | 70 minutos

Autoría: María Josefa Canellada
Dirección: Ana Zamora
Adaptación: Ana Zamora
Espazo escénico: David Faraco
Iluminación: Miguel A. Camacho e Pedro Yagüe
Vestiario: Deborah Macías
Arranxos e dirección musical: Alicia Lázaro
Elenco: Eva Rufo e Isabel Zamora


Nao d´amores

No ano 2001 nace Nao d´amores, colectivo de profesionais procedentes do teatro clásico, os monicreques e a música antiga, que, baixo a dirección de Ana Zamora, desenvolve un labor de investigación e formación para a posta en escena do teatro medieval e renacentista. O punto de partida xorde do seu interese por textos que non forman parte do repertorio habitual, pero que constitúen chanzos básicos á hora de comprender a evolución da nosa historia dramática, e que permanecen á marxe da escena actual polo absurdo desaxuste entre o campo dos estudos filolóxicos e o da práctica teatral.

En 2013 crean unha liña de investigación alternativa que, baixo o nome Nao d´amores navegando cara ao presente, ofrece outras vías de traballo vinculadas ao ámbito contemporáneo. O seu primeiro espectáculo nesta liña é Penal de Ocaña, de M.J. Canellada.


Contratación

Germán Herranz Solís
625 901 570
produccion@naodamores.com
Web1
Web2

Descargas