Sinopse

Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con xeitos diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo para o cal terán que confrontar o seu ideario. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles contaba na súa infancia.

Ficha técnica Todos os públicos (recomendado para maiores de 5 anos) Multidisciplinar (teatro actoral, monicreques, sombras chinescas, acrobacia ou danza e música en directo) | 55 minutos

Autoría: J.L. Baños de Cos “Pepe”
Dirección: Pablo Sánchez “Pablísimo”
Escenografía: Teatro ó cubo
Iluminación: J.L. Baños de Cos “Pepe”
Son: J.L. Baños de Cos “Pepe”
Vestiario: Sigrid Blanco
Música: Sofía Espiñeira
Elenco: Alfredo P. Muíño “Fredi”, Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño


Teatro ó cubo

⁠⁠⁠Teatro ó cubo xorde en 2016 a partir das forzas creativas de tres artistas: Sofía Espiñeira, Roberto Casal Mouriño e Fredi Muíño. Sofía, Roberto e Fredi fórmanse cada un en diferentes disciplinas. Co teatro actoral como eixo común, pasando pola danza, o circo, os monicreques e a música, estes tres artistas conforman unha compañía multidisciplinar. Os tres comparten, xunto con J.L. Baños de Cos, un espazo creativo que lles serve á vez de local de ensaio e lugar no que poñer en común as súas inquedanzas. Neste espazo de convivencia e baixo este pretexto, o de sumar e formar equipo, nace a compañía Teatro ó cubo. J.L. Baños de Cos é o autor da súa ópera prima, O faiado, que Sofía, Roberto e Fredi traducen ao teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”.


Contratación

Emi Candal — Urdime
619 920 335 / 981 937 424
emicandal@urdime.net
Web1
Web2
Web3

Descargas