Sinopse

“Nacer non é complicado, morrer é moi fácil.

Vivir entre estes dous acontecementos non é necesariamente imposible”.

Escrita en 1993 por Jean Luc Lagarce, o autor contemporáneo máis representado en Francia, parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente baronesa de Staffle, quen, dunha forma sutil, dá instrucións de como debemos comportarnos.

Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que fai imposible a sinceridade. Lagarce suscita un texto irónico, cómico e en aparencia lixeiro para finalmente poñer en ridículo os nosos convencementos modernos.

Adaptada a cinco voces e con música en escena, Normas para saber vivir na sociedade actual fai un percorrido desde o nacemento ata a morte, cun humor orixinal e unha interpretación extraordinaria.

Ficha técnica Todos os públicos | Teatro | 75 minutos

Autoría: Jean Luc Lagarce
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
Adaptación: Ánxeles Cuña Bóveda
Tradución: Fernando Gómez Grande e Nate Borrajo
Escenografía: Baltasar Patiño
Iluminación: Baltasar Patiño
Son: Vadzim Yukhnevich
Vestiario: Ruth D. Pereira
Música: Vadzim Yukhnevich
Elenco: Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Vadzim Yukhnevich


Sarabela Teatro

Non pretendemos facer o cómputo das pegadas deixadas por estes anos de actividade (somos compañía profesional desde 1990). Case sempre traballamos con emocións de alta intensidade, pouco doadas de trasladar da táboa ao papel.

Enchemos as nosas vidas de contido e incerteza, porque no grupo hai unha resonancia particular. O tecido interno dános calor e empúrranos a seguir. Parece ser que tan só as emocións fundamentais sobreviven no tempo.

Os nosos obxectivos: facer un teatro vivo, contemporáneo, coherente, con rigor e autocrítica. Corrixir, mellorar para anovarnos.

Na actualidade temos en cartel: Ensaio sobre a cegueira, de J. Saramago, O secuestro da bibliotecaria, de F. Calleja, e preparamos o que será a nosa nova estrea, O rei morre, de E. Ionesco, baixo a dirección de Ana Vallés.


Fotografía: OVIDIO ALDEGUNDE

Contratación

Fina Calleja / María Casar
629 860 580 / 678 601 550
sarabelateatro@yahoo.es
Web
Vídeo

Descargas