Sinopse

Despois da morte de Don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar coma Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas nun mesón cervantino, nalgún lugar da Mancha.

Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó no que se rebela contra o personaxe que Cervantes lle atribuíu na novela. Con humor, con ironía, con emoción e con descrenza, desvela algúns insospeitados acontecementos que non aparecen no Quixote, en especial a misteriosa historia de amor entre unha pastora que lles murmura ás ovellas e un fidalgo que le novelas de cabalarías.

Pero talvez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza…

Ficha técnica Adulto | Teatro | 60 minutos

Autoría: José Luis Esteban
Dirección: José Carlos García
Tradución: Sandra Romarís Hortas
Escenografía: Javi Tirado
Iluminación: Anxo Graña
Son: Anxo Graña
Vestiario: Mari Seoane e Juan Duarte
Elenco: Mercedes Castro


eme2 producións

No camiño que iniciamos no ano 2001 tivemos como acompañantes a marabillosos profesionais e espléndidas compañías que fixeron que o traballo en equipo con eles nos enriquecese pouco a pouco. Nese ferver a modo do día a día, nese camiño de constante reinvención, mantivemos sempre un dos nosos principios fundacionais: pensar como e para os que sentan na butaca.

Últimas producións: Get Back, Monólogo do imbécil, Jim e a illa do tesouro, O crédito, Meu Ben, O florido Pensil.


Contratación

JP — eme2 distribucións
609 457 575 / 981 534 134
distribucion@emedous.com
Web

Descargas