Sinopse

A nena que quería navegar é un espectáculo destinado a un público familiar, principalmente infantil, de entre 6 e 12 anos, que trata un tema que nos preocupa e que tristemente cada pouco acapara as portadas de todos os xornais, o acoso escolar ou bullying.

Nel contamos a historia dunha rapaza sen nome que, farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atopará ao Xeadeiro, un personaxe máxico e vital que lle devolverá a autoestima perdida a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, que lle ensina que dentro de cada un de nós se agocha un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de conseguir todo o que nos propoñamos.

Traballar coa idea do reforzo positivo é unha das claves para previr o acoso escolar. Queremos que os nosos pequenos espectadores saian fortalecidos despois de asistir á representación e teñan ferramentas para previr o acoso.

 

Ficha técnica Infantil, entre 6 e 12 anos | Teatro musical | 50 minutos

Autoría: Álex Sampayo e Borja F. Caamaño
Dirección: Álex Sampayo
Escenografía: Álex Sampayo e Escenoset
Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Son: Álex Sampayo
Vestiario: Diego Valeiras
Música: Suso Alonso
Elenco: Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio


Redrum Teatro

Redrum Teatro é unha compañía teatral creada en 2009 que aposta por conxugar grandes valores da nosa escena con novos creadores cunha visión innovadora e arriscada.

Ata o de agora levamos estreado os espectáculos para adultos A Pensión, Curriculum Vitae, Amor flexible e Noiteboa

e os espectáculos familiares Moito Conto e Roedores.

Na actualidade estamos a preparar o thriller A canción do elefante do canadense Nicolas Billon, cun elenco de luxo formado por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Susana Dans.

 


Contratación

Guillermo Carbajo
617 334 627 / 692 632 733
redrumteatro@gmail.com
Web1
Vídeo
Facebook

 

Descargas