Sinopse

Íntimo é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partir dese momento medrou nel un soño. O soño de ser mago. Para conseguir cumprir ese soño, tivo que estudar, prepararse, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres… En cada lugar descobre algo da esencia da maxia, pero non todo. Deberá seguir buscando para facerse co máis esencial da maxia de todos os tempos. Pero, onde estará agora esa esencia? Se cadra na música, ou na pintura, ou, talvez, na literatura. Mais, se cadra, neste século XXI, a esencia da maxia estea realmente na ciencia: na transformación da materia, na fusión ou na fisión nuclear, no Universo, ou, quizais, nas matemáticas. Aínda que pode ser que a esencia da maxia estea nas cousas máis pequenas que nos rodean; o que pasa é que non o sabemos ver. Atopará o mago Teto a esencia da maxia? Para sabelo haberá que acompañalo na súa viaxe.

Ficha técnica Público familiar, a partir de 7 anos | Maxia | 85 minutos

Autor: Eduardo Alonso
Dirección: Eduardo Alonso
Escenografía: RTA
Deseño iluminación: RTA
Deseño son: RTA
Música: Héctor Guerra
Contidos vídeo: Héctor Guerra
Montaxe vídeo: RTA
Deseño gráfico: KHOS
Fotografía: Pablo Pradoss
Elenco: Mago Teto, Jorge Prieto e O trasno Perello
Produción: O mago Teto e RTA


Mago Teto

Dúas entidades de recoñecido prestixio e solvencia, dentro do mesmo sector pero con actividades claramente diferenciadas, únense para formar o equipo perfecto para unha produción de artes escénicas.

No apartado técnico, Recursos Técnicos Artísticos, empresa creada en 2003 coa intención de ofrecer todo tipo de servizos técnicos a compañías, produtoras de teatro e artes escénicas na comunidade galega, involucrándose na produción artística.

No eido artístico, o Mago Teto (Viana do Bolo, 1977), un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude e un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento, como o testemuñan os seus espectáculos tanto de rúa (O Afiador) como de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña e Os anos 80 ) e “todoterreos” como o seus clásicos Tolemaxias e Perto de ti.


Contratación

Héctor Guerra
607 384 027
maxia@magoteto.com
Web

Descargas